Os alumnos e alumnas de 6º estes días están a participar nun proxecto da ANPA chamado Promovendo Igualdade.
Este proxecto, que se desenvolve ata este mes, da continuidade ao proxecto desenvolto o pasado curso, para os cales contamos coa financiación da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
As actividades deseñadas no proxecto, teñen como destinatarios principais a alumnado de 6º de Educación Primaria, para que interioricen a igualdade como un valor esencial para a convivencia entre mulleres e homes, previndo así a Violencia de Xénero e fortalecendo a concienciación no ámbito da educación en igualdade.