Xuntámonos no Concello por Rosalía!

O Equipo de Normalización Lingüística da provincia de Ourense, como cada ano, organiza un acto no Salón de Plenos do Concello de Ourense para festexar o , 23 de febreiro, o Día de Rosalía de Castro. Nesta xornada, xúntanse diferentes colexios da provincia para lembrar a nosa escritora máis universal.

Cada centro prepara con agarimo poemas de Rosalía para declamalos ou cantalos. Nós preparamos unha declamación do poema "Negra sombra" por dúas alumnas de 6º de EP, Laia Castro e María Perez, acompañadas polo son da guitarra doutra alumna do mesmo curso, Cristina Lojo.

Ademáis, as alumnas de 5º e 6º do coro do colexio, coa colaboración do mestre de guitarra, Miguel Araújo, e o profesor da ESO, André Outumuro, prepararon a canción "Hora tras hora, día tras día", versión dun poema da autora e arreglado pola mestra de música, Conchi López.