Encontros coa autora

Hoxe, acompañou aos alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria a escritora, María Canosa, co seu libro Muriel, galardonado co Premio Merlín de Literatura Infantil.

Os nosos nenos e nenas desfrutaron dun momento moi enriquecedor ao carón dunha muller que lles lembrou a importancia de ler nestes tempos e facelo en galego.

Un pracer escoitarte @mariacanosa!