Picnic literario

 Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, os alumnos e alumnas do 3º ciclo de EP desfrutaron todos xuntos do tradicional "picnic literario" que levamos celebrando durante uns anos para fomentar a lectura e o placer polos libros.

Dunha maneira lúdica, os rapaces e rapazas, achéganse aos libros favoritos dos seus compañeiros e compañeiras e recollen ideas para vindeiras lecturas.

Foi unha tarde moi especial.

Feliz Día do Libro!