Os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria gozaron dunha visita polo casco vello onde puideron coñecer mellor a historia das Burgas, a Catedral, a praza de Arcediagos, praza San Martiño, praza da Magdalena e a praza do Correxidor. Esta actividade está dentro da programación educativa do Concello de Ourense.