Dentro do noso proxecto "Avós e avoas na escola" de 6º de Educación Primaria, tivemos a sorte de contar con Manuel Prado, avó dun alumno deste curso, que achegouse ao centro para falar dunha das súas paixóns, a apicultura.
Explicounos todo o relativo ás abellas, ás colmeas, que coidados teñen estes animais, como se fabrica o mel, como podemos extraelo... E moitas cousas máis que nos axudaron a entender mellor a unha das especie máis importante para manter o noso medio ambiente.
Grazas por vir, Manolo!