O 30 de xaneiro, conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, e, o noso colexio celebrou, dunha maneira especial e xa tradicional, todos xuntos no polideportivo do centro, facendo unha carreira solidaria.
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Educación Primaria, ademais de cantar pola paz, correron unhas cantas voltas na nosa Carreira pola Paz.
Todos e todas desfrutaron deste momento, onde se xuntan, deporte e pensamentos positivos para vivir nun mundo libre de guerras e cheo de paz.