O xornalista e escritor, Abel Tomé, achegouse ao noso centro a falar do seu libro "Milú e o edificio das persoas extraordinarias" dentro da campaña de Animación á lectura do Concello de Ourense.
Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria xa leran o libro que lles regalou o Concello e puideron desfrutar do encontro e preguntarlle todas as cousas que quixeron do libro e do seu percorrido profesional.
Unha experiencia moi enriquecedora para o noso alumnado e chea de ilusión por coñecer ao autor do libro lido na clase.