Esta tarde, os alumnos e alumnas de Primaria, tiveron unha visita moi especial, o Ourense Club de Fútbol, achegouse a estar connosco un intre.
Contáronnos as súas experiencias profesionais e como o fútbol, como todo na vida, está cheo de esforzo e traballo.
Os xogadores, Pato Guillén (porteiro), Miguel Prado (defensa) e Hugo Sanz (defensa e antigo alumno do noso centro) foron os encargados de encher o noso salón de actos de paixón e ilusión por un dos deportes favoritos do noso alumnado.
Viñeron cargados de agasallos, ademais de convidarnos ao partido do domingo, repartiron bufandas e camisetas que fixeron as delicias dos nosos nenos e nenas.
Grazas por todo, Ourense Club de Fútbol! O domingo vémonos💪🏼!