Somos arqueólogos por un día

Unha das actividades proposta polo Concello de Ourense para as escolas é o  programa didáctico Arqueocampo, onde os alumnos e alumnas coñecerán, dun modo ameno e práctico, como descubrir a nosa prehistoria a través do traballo arqueolóxico. 

Tras unha explicación previa, feita polos especialistas, Xesús e Silvia, os nosos nenos e nenas puideron realizar a súa propia escavación, na pesquisa de restos de cerámica e outros elementos, como sementes, que tiveron que fotografar, tratar, analizar e, posteriormente, arquivar. Para facer a simulación aínda máis realista, tamén encontraron carbón vexetal e ata restos de polen que puideron ver a través do microscopio, e que os axudaron a entender mellor como era a vida dentro dun castro.