Os alumnos e alumnas de 6º convidaron aos seus avós e avoas a vir ao cole para facer un pequeno encontro e, ademais de compartir momentos xuntos; os netos e netas explicáronlle ferrametas dixitais para utilizar no seu día a día.
Estiveron unha tarde compartindo con eles os seus coñecementos sobre apps e servizos que poden ser útiles para participar máis dixitalmente nesta sociedade.
💫 Un paso máis cara á educación con corazón 💫
Esta experiencia forma parte do noso Pasaporte Solidario 2025, e insírese no proxecto de ciclo "Avós e avoas no cole", unha iniciativa que nace co desexo profundo de achegar ás familias á vida escolar, promovendo o intercambio xeracional e fortalecendo os lazos que unen á nosa comunidade educativa.
Queremos crear espazos onde o coidado, a memoria, o respecto e a aprendizaxe compartida sexan os eixes dunha educación que vai máis alá dos contidos. Unha educación que forma en valores, emociona e transforma.
💛 Cada vez que un avó ou avoa entra no cole, o alumnado enriquece a súa mirada do mundo e da vida. Aprenden que a sabedoría non está só nos libros, senón tamén nas palabras, nos silencios e nas historias de quen leva máis camiño andado.
Seguimos sumando experiencias que construen comunidade, fan escola e deixan pegada.