O venres, o noso polideportivo encheuse de enerxía, compañeirismo e moita ilusión. O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria participou nunha competición de fútbol solidaria para recadar fondos para o DOMUND.
Máis alá dos goles e das vitorias, o importante foi xogar por unha causa que axuda a tantas persoas no mundo.
Grazas a todos os nenos e nenas, profesorado e familias que fixeron posible este día tan especial.
Cando o deporte e a solidariedade se unen, gañamos todos!
#DOMUND #somosVedruna #somosFamilia #Solidariedade #MaratónSolidario #FútbolConCorazón