Misión que da vida

Outubro é o mes das misións e, hoxe, os alumnos e alumnas de 6º tiveron a oportunidade de escoitar a unha misioneira de MISEVI (Misioneiros Segrares Vicencianos),  Mar Álamo Ibáñez que nos contou sobre a súas misións, a súa experiencia. 

Ensinounos que a misión pódese facer desde o cole, que non fai falla irse lonxe para axudar aos demais. Só temos que ter oídos para escoitar as necesidades dos demais e corazón para sentilas

Grazas, Mar, por lembrarnos que “a misión tamén comeza na casa” e que todas e todos podemos ser parte do cambio.

#domund #pastoral #mesdasmisións #6ºprimaria #MISEVIMisiónQueDaVida