No noso colexio vivimos unha das festas máis esperadas do outono: o Samaín. Durante a semana, o alumnado de Educación Primaria traballou nas aulas o significado desta celebración tradicional galega, aprendendo sobre as súas orixes e costumes, e elaborando decoracións terroríficas cheas de creatividade.
Como cada ano, tivemos a xa tradicional exposición de cabazas, pero nesta ocasión demos un paso máis: sumamos vasoiras e sombreiros máxicos, que encheron os corredores de cor, maxia e moito humor.
Este ano tamén lle engadimos un toque de emoción coa novidade do I Concurso de Samaín. As cabazas, vasoiras e sombreiros competiron polas categorías máis divertidas e orixinais, e foron os propios nenos e nenas quen votaron as creacións dos seus compañeiros e compañeiras.
Foi unha xornada chea de imaxinación, sorrisos, sustos e espírito festivo, na que todos e todas desfrutamos do poder da creatividade e das nosas tradicións.
Grazas a todo o alumnado, profesorado e familias por participar con tanta ilusión e facer que o Samaín fose unha festa inesquecible!
 













