25N - No noso cole educamos en igualdade

O 25 de novembro o alumnado de Primaria celebrou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha xornada chea de reflexión, creatividade e compromiso.

Traballamos de diferentes maneiras para aprender que respecto, igualdade e coidado son valores fundamentais para convivir.

Entre todas e todos construímos unha mensaxe clara: A violencia non ten cabida, nin nosa escola, nin na nosa sociedade.

Grazas ao noso alumnado por demostrar, unha vez máis, que o cambio comeza desde pequenas e pequenos.