Día Internacional dos dereitos do neno

O pasado 20 de novembro, dende o inicio da xornada, nos Bos Días, o alumnado de Educación Primaria dedicou o día a reflexionar sobre os Dereitos da Infancia. Foi un momento para pensar, dialogar e tomar conciencia da importancia de que todos os nenos e nenas do mundo poidan vivir en igualdade, protección e dignidade. A través de conversas, vídeos e actividades, coñeceron a realidade que moitos nenos e nenas viven noutros lugares do planeta, comparándoa cos dereitos básicos que deberían estar garantidos para todas as infancias. Como culminación da xornada, elaboraron un mural colaborativo no que recolleron os principais dereitos dos nenos: o dereito á educación, á saúde, á familia, ao xogo, á protección, á identidade… Un mural cheo de cor, mensaxe e compromiso. Un traballo marabilloso que nos lembra que educar tamén significa formar persoas conscientes, empáticas e responsables.