Hoxe celebramos un dos días máis especiais do outono no noso centro: o Magosto. E, por segundo ano consecutivo, os grandes protagonistas foron os nenos e nenas de 6º de Primaria, que xa se converteron nos nosos condutores oficiais da festa.
Foron eles quen prepararon e guiaron os xogos tradicionais, quen repartiron as castañas e quenes puxeron esa enerxía tan especial que fai que todo funcione con alegría.
Vestidos de castañeiros e castañeiras, demostraron unha vez máis responsabilidade, ilusión e ese bo facer que tanto admiramos.
Grazas ao alumnado de 6º por manter viva esta maneira tan fermosa de celebrar o Magosto.
Seguimos creando tradición!




























