Este sábado pasado celebrouse a Gran Final Internacional do Torneo de Xadrez Escolar "Pequeños Gigantes 2025" en León, unha cita que reuniu a 64 equipos nacionais e internacionais nun encontro cheo de talento e aprendizaxe.
Entre todos eles, queremos destacar especialmente ao equipo do noso cole, formado por tres alumnos da nosa escola de xadrez, Carla Gil, Xana Barril e Gael Liste, acompañados polo seu mestre, Manuel Vidal, que competiron con ilusión, esforzo e moito orgullo representando ao centro nesta gran final.Unha experiencia única para seguir medrando, compartindo e demostrando o enorme traballo que están a realizar nasa clases de xadrez do cole.





