O 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha data establecida polas Nacións Unidas en 1992 para promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, aumentar a conciencia sobre a súa situación e fomentar a inclusión plena, destacando a importancia dunha sociedade accesible e equitativa.
Por iso, o Concello de Ourense quere visibilizar unha iniciativa tan auténtica, como inspiradora: Xogo de Fíos, un proxecto artesanal con alma e tacto.
Derrubando barreiras — e construíndo beleza —, a artesá Lorena Quintas transforma, en Allariz, fíos en obras únicas, nomeadas e pensadas coa man, coa memoria… e con todo o corazón. As súas pezas son moito máis que obxectos: son mensaxes de valentía, inclusión e dignidade.
Porque a discapacidade non é unha limitación, senón un valor engadido. Cada fío… Unha historia. Cada creación… Un motivo de orgullo.
Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria do colexio, fixeron un obradorio que Lorena, xunto con Laura, trouxeron para sumarnos á reivindicación de visibilidade e dereitos.
E lembramos a todos e todas que é necesario seguir apoiando proxectos como Xogo de Fíos, para contribuímos a construír unha sociedade máis xusta, diversa e chea de talento.