Outro ano máis... Visita ao hospital!

Durante o mes de novembro, o alumnado de 5º de EP e da Aula de Especial entregouse cunha enorme ilusión á preparación dos adornos de Nadal para o Hospital de Ourense. Esta actividade forma parte do proxecto Voz Natura, polo que, un ano máis, apostamos por materiais reciclados, educando en sustentabilidade mentres creamos beleza.

Este ano demos un pasiño máis: decoramos botellas reutilizadas con motivos de Nadal e, no seu interior, colocamos mensaxes cheas de tenrura, forza e esperanza, destinadas ás persoas que máis o precisan nestas datas tan especiais. Pequenos xestos que, sen dúbida, poden iluminar grandes momentos.

Pero a xornada non rematou aí. Ademais de contribuír á decoración do hospital, os nenos e nenas gozaron dunha visita guiada polas instalacións

Queremos expresar o noso agradecemento ao Complexo Hospitalario de Ourense por facer posible esta actividade tan significativa e chea de aprendizaxes.

Iniciativas como esta, centradas na transformación social, permiten que o noso alumnado participe activamente en accións de servizo que atenden ás necesidades reais da contorna. Unha vivencia profundamente enriquecedora que os axuda a crecer como persoas máis conscientes, solidarias e comprometidas.