A semana pasada tivemos o pracer de recibir a dous xogadores do club de fútbol, Yuste e Omar, que compartiron co noso alumnado a súa experiencia persoal e deportiva.
A través das súas historias, faláronnos do esforzo, o sacrificio, a constancia e a importancia de non renderse para acadar os nosos soños.
Unha xornada chea de aprendizaxe, motivación e valores que inspiran, tanto dentro, como fóra do campo.
Moitas grazas por achegar o deporte e os seus valores aos máis pequenos, @ourensecf!