Unha tarde diferente con Marta Villar!

Hoxe a rapazada de 3º de primaria recibiu a visita de Marta Villar, periodista e escritora en galego. O seu libro, «Os peidos máxicos de Sultán», é o primeiro para o público infantil.

Un libro que trata moitos temas: acoso, soidade, emocións, amizade, ecoloxismo, perseverancia, fidelidade… Unha historia sinxela, divertida e máxica, baseada nas propias experiencias da propia creadora.

Aos nenos e nenas encantoulles e gozaron moito escoitándoa falar.

Moitas grazas por vir, Marta!