Certame Literario Jaime Olmedo Limeses: Gañador e finalistas

O día 17 de maio, no Museo Provincial de Pontevedra, Matías Vázquz Rodríguez, alumno de 6º, recibía o premio de relato infantil otorgado no II Certame Literario Jaime Olmedo Limeses, patrocinado por Avigal e Antela Editorial.

Un certame que traballa a prol da nosa cultura e da promoción da lingua galega entre os máis novos, fomentando a creatividade, a lectura e o gusto pola escritura.

E, onte, o noso colexio tivo tamén a honra de acoller un acto de recoñecemento no que se fixo entrega dun premio ao centro pola súa participación e implicación nesta iniciativa, onde asistiu a concelleira de educación, Tamara Silva, un representante de Antela Editorial, Xabier Domínguez, e a nosa directora, Maló Atrio. Ademais, foron homenaxeados outros tres alumnos finalistas do certame, Cayetana Vázquez Núñez, Nicolás Rodríguez Juiz e Daniela Babarro Grela, que recibiron o aplauso e o cariño de todos os seus compañeiros e compañeiras, ademais do dos seus mestres e mestras. 

Parabéns a Matías e aos finalistas, Cayetana, Nicolás e Daniela, polo seu talento e esforzo, e grazas á organización do certame por seguir apostando pola literatura e pola nosa lingua.