Concurso de baile 26

O concurso de baile de Primaria foi TODO un espectáculo!

Coreografías cheas de ritmo, creatividade e moita enerxía fixeron vibrar o escenario 
Cada parella sorprendeu coas súas actuacións… e tamén cos seus looks! 

Noraboa aos gañadores, que brillaron con luz propia!

E unha mención especial para os premios aos mellores vestiarios, porque había auténticas estrelas da pasarela na pista de baile.

O público gozou, os aplausos non pararon e as ganas de festa estiveron presentes de principio ao fin.

Grazas a todos os participantes por encher o cole de música, baile e momentos inesquecibles e grazas a eses profes responsables que fan que cada ano o Concurso de Baile sexa único e inesquecible.