A semana pasada, o Día dos Museos, o 18 de maio, os alumnos e alumnas de 6º tiveron a oportunidade de visitar o Museo Municipal de Ourense grazas a unha actividade organizada polo Concello de Ourense.
Ao longo da visita, coñeceron algunhas das obras máis destacadas da colección e descubriron os segredos e historias que se agochan a través das explicacións do persoal do concello e do museo. Ademais, contamos coa presenza dunha dos artistas que ten as súas creacións expostas neste espazo, quen compartiu connosco a súa experiencia e visión da arte, Ana Ferreiro.
Para rematar a xornada, convertémonos en artistas por un día, reproducindo a carboncillo unha das obras observadas. Os nosos debuxos formarán parte dunha exposición temporal no propio museo, unha experiencia única que nos permite achegarnos á arte desde dentro e sentirnos protagonistas do proceso creativo.
Moitas grazas ao Concello de Ourense e ao Museo Municipal por facer posible esta enriquecedora actividade.