Comezamos todos xuntos!

O alumnado de 5º e 6º comezamos este novo curso dunha maneira moi especial: as convivencias de inicio de curso!

Durante este mes tivemos a oportunidade de saír das aulas, compartir tempo cos nosos compañeiros e compañeiras e cos profesores e profesoras e, sobre todo, coñecernos un pouco mellor. Foi unha experiencia chea de xogos, risas, actividades e moitos momentos para lembrar.

Estas xornadas servíronnos para darnos conta de que un novo curso non significa só aprender cousas novas na aula. Tamén significa medrar xuntos, axudarnos, respectarnos e crear recordos que nos acompañarán durante todo o ano.

Regresamos ao cole coas pilas cargadas, con moitas ganas de aprender e, sobre todo, coa ilusión de vivir xuntos todas as aventuras que nos agardan neste novo curso.

Que ben comezar así! Agárdanos un curso xenial!