Un xardín que medra… e tamén medran as historias!

Dentro do proxecto Voz Natura, o noso centro puxo en marcha a creación dun xardín vertical na planta de Primaria, unha iniciativa para achegar a natureza aos nosos espazos educativos e concienciar ao alumnado sobre a importancia de coidar o noso contorno. 

A presentación desta actividade fíxose aproveitando unha ocasión moi especial: o Apadriñamento Lector, no que participaron o alumnado de 6º de Educación Primaria e o último curso de Educación Infantil. 

Así, natureza e lectura déronse a man nunha xornada na que os maiores compartiron cos máis pequenos non só historias e ilusión, senón tamén o compromiso de coidar, respectar e facer medrar o mundo que nos rodea.

Porque cando compartimos experiencias, facemos medrar a nosa comunidade educativa.