O noso magosto!

No cole celebramos o Magosto durante estes días con diferentes actividades para achegar ás novas xeracións, tradicións tan antigas como ista. E, ademais, adiantando un pouco a data, este venres pasado, pola tarde, como é xa costume, fixemos o Magosto no cole, onde, o  alumnado de 6º de Primaria foi o encargado de organizar os xogos populares para todos os compañeiros e compañeiras, desde Educación Infantil ata 5º de Primaria. Os maiores prepararon as actividades e axudaron aos máis pequenos a participar e pasalo en grande.

Despois de tanto xogar, chegou o momento de saborear unhas ricas castañas asadas, que estaban boísimas! E os máis pequenos tamén tiveron a oportunidade de saltar a fogueira, un dos momentos máis esperados desta festa.

Pasamos unha xornada moi divertida, compartindo xogos, risas e tradicións. Un día estupendo para gozar xuntos e celebrar o Magosto como se merece!

Viva o Magosto!