Un Samaín máxico!

O Samaín encheu o noso cole de maxia, misterio e moita diversión! 

Vivimos uns días moi especiais esta semana celebramos o Samaín, o colexio encheuse de cabazas, sombreiros máxicos, vasoiras, pantasmas, arañeiras e decoracións terrorificamente divertidas.

Queremos destacar e agradecer especialmente a implicación das familias, que colaboraron con ilusión e creatividade para facer posible esta celebración e contribuír a crear un ambiente cheo de maxia.

Grazas a todas as persoas que participaron e fixeron deste Samaín un día inesquecible. Porque cando escola e familias camiñamos xuntas, as celebracións teñen un encanto especial! 🧡

Feliz Samaín! 🎃